CRTVG

Buscar

Unha vítima de violencia machista con tres fillos enfróntase a un desafiuzamento

Publicado o 11/12/2018 18:32

Aicha e os seus tres fillos menores de idade terán que deixar a súa vivenda en Vigo tras unha sentenza xudicial que ordena o desafiuzamento para o próximo día dezaoito. A muller é vítima de violencia machista, está desempregada e leva un ano sen poder pagar o alugueiro.

Desde a Federación veciñal de Vigo culpan aos servizos sociais do concello de non emitir ao xulgado o informe que demostre a situación de vulnerabilidade da familia e esixen unha solución. A Concelleira de Benestar social afirma que o propio xulgado non solicitou o informe que podería frear o desafiuzamento.

Ao apoio da Fedración veciñal de Vigo sumáronse os grupos da oposición, Partido Popular e Marea.

Noticias web

11/12/2018