CRTVG

Buscar

Grupos reducidos de turistas visitan as tripas da Cidade da Cultura

Publicado o 14/04/2019 14:18

Un grupo reducido de doce persoas percorreu lugares da Cidade da Cultura compostelá habitualmente restrinxidos ao público. O Gaiás Secreto ofrece a posibilidade de camiñar pola galería subterránea do complexo ou as espectaculares sobrecubertas dos edificios, as tripas arquitectónicas do edifico de Peter Eisenman ao descuberto.

As tripas da Cidade da Cultura foron percorridas por este grupo de doce persoas. Cada un pagou 6 euros pola visita.

Xoán Escudero, guía do Museo Centro Gaiás: "Porque é das primeias veces, e van ser moi pouquiñas persoas as que accedan a sitios da Cidade da Culura nos que moi pouquiña xente estivo e que coñezan partes da arquitectura que non se coñecen. Do complexo coñécese toda esa parte visible, a que está fóra da terra. Pero o complexo ten unha parte enorme que está baixo terra, os arquivos das bibliotecas, as zonas de túneles...".

O Gaiás Secreto é unha xira de 90 minutos con Xoán Escudero como guía polo interior da arquitectura da Cidade da Cultura, unha obra do neoiorquino Peter Eisenman.

Xoán Escudero, guía do Museo Centro Gaiás: "Para coñecer mellor a escala, porque hai unha parte do edificio que non se ve, un pouco como un iceberg, poñer iso que non se ve en valor. E por outra parte perderlle esa grandiosidade, porque imos estar en zonas de servizo, de traballo, non transitadas, corredores estreitos, pouco iluminados, esoutra zona, digamos, dos traballadores do edificio".

Iso que non se adoita ver son os arquivos da biblioteca, en liña ocuparían 14 quilómetros, os grandes elevadores, os túneles baixo terra, infinitos, por onde discorre o tráfico e por onde se unen os edificios, as sobrecubertas que deixan o pladur ao descuberto sobre as cabezas.

As visitas guiadas de Gaiás Secreto estarán activas todos os sábados do ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019