CRTVG

Buscar

Unha vintena de países impoñen algún tipo de corentena para os viaxeiros que cheguen de España

Publicado o 07/09/2020 15:03

A Covid-19 motivou que millóns de turistas non viñesen a España este verán. Isto tradúcese en perdas económicas que a patronal do sector, Exceltur, eleva ata os cen mil millóns de euros.

Neste momento, varios países europeos decidiron ampliar as restricións para os que viaxen desde España. 

Desde xuño, cando se abriu o espazo Schengen para a libre circulación, moitos países foron adoptando medidas para previr os contaxios chegados de fóra. E as repuntas de España, tradúcense en vetos.

Unha vintena de países, entre eles o Reino Unido, Bélxica ou os Países Baixos, impoñen algún tipo de corentena para os viaxeiros que cheguen de España.

Outros, como Alemaña, Grecia ou Italia, esixen PCR ou test.

Portugal e Francia permiten a libre circulación sen limitacións.

As consecuencias: só en xullo o número de viaxeiros caeu nun 75%, co impacto económico que isto está a ter no sector turístico.

Noticias web

07/09/2020