Unha vintena de casos fai que Viveiro e Cervo pasen ao nivel medio de restricións
Publicado o 21/05/2021 14:26
Viveiro dá un paso atrás e aplícanse máis restricións nas ocupacións dos establecementos hostaleiros. O motivo é un gromo que afecta dúas familias e que en só dous dias fixo que a vila pasara de cero a quince casos.
A explosión de contaxios salpica o concello veciño de Cervo. Ali hai sete casos activos con vínculos familiares cos de Viveiro. Agardan que este paso atrás non se prolongue moito no tempo.
Hai varias cadeas de transmisión abertas e rastrexan os contactos, o que levou a Sanidade a endurecer as restricións nos dous concellos.