CRTVG

Buscar

Unha vinganza veciñal, detrás dos estragos provocados nunha finca de millo en Paradela

Publicado o 17/07/2017 13:30

Alguén, aproveitando a escuridade da noite acabou por completo co cereal plantado. O suceso foi denunciado ante a Garda Civil

Unha vinganza veciñal pode estar detrás do estragos provocados nunha finca de millo no lugar de Paradela, no concello de Portas. Alguén, aproveitando a escuridade da noite acabou por completo co cereal alí plantado. O suceso está denunciado xa ante a Garda Civil.

A leira de millo lucía fermosa este mesmo venres. Trátase dunha finca de millo e fabas moi ben coidada onde as espigas estaban a piques de saír. O último que saben os seus propietarios é que hai so dous días estaba perfecta.

Alguén aproveitou a escuridade da noite para estragar a plantación. Partiron pola metade os caños do millo, esnaquizárono por completo, a patadas e coas mans. Sospeitan que foron varios. Desconfían dun veciño.

A Garda Civil tiña previsto hoxe visitar a finca que plantaban para darlle de comer ao seu gando. Os propietarios din que van ir ata o final e que se verán as caras con quen a estragou nos xulgados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017