Unha viguesa gaña o concurso de tiraxe de cervexa de Madrid Fusión
Publicado o 29/01/2019 22:03
Estes membros do xurado de xamón saberán moito, pero de pan... Porque non nos digan a nós que hai un pan que marida mellor co xamón ca o pan de Guillermo.
O pan de Guillermo quedou entre os mellores de España. E Adrián é, sen dubida, un pinche sen coroa. O xurado tamén optou por outro. Pero el queda coas palabras de Andoni Luis Aduriz.
Tantos tiros ao pau, que algún galego, neste caso galega, tiña que ganar. Non a vimos tirar cervexa pero imaxinámolo coa paixón que lle pon cando o explica.
Pan, costela de vitela e cervexa. Un bo menú galego para pechar esta segunda xornada de Madrid Fusión.