CRTVG

Buscar

Unha viguesa acolle unha muller vítima de malos tratos

Publicado o 20/04/2020 15:50

Na casa de Olivia empezaron o confinamento sendo tres nenos e unha adulta. Ela di que, onde comen catro, comen seis.

A través da Federación Veciñal Eduardo Chao, de Vigo, coa que Olivia colabora, foi como tivo coñecemento da delicada situación da muller, vítima de malos tratos, estranxeira e sen apoio familiar. Esta viguesa non dubidou en ofrecerlle a súa propia casa e a compaña da súa familia para que tivese un fogar onde vivir lonxe do seu agresor.

Ela di que a súa compañeira vai recuperando a alegría e que está desexando que se levante o confinamento para buscar traballo e refacer a súa vida.

Noticias web

20/04/2020