CRTVG

Buscar

Unha vía de alta capacidade enlazará Santa Irena, en Vimianzo, coa autovía da Costa da Morte

Publicado o 21/02/2020 15:22

Aos 27 quilómetros en servizo da autovía da Costa da Morte vense sumar un novo treito que permitirá enlazar a zona de Santa Irene, no concello de Vimianzo, coa estrada AC-432 que vai ata Camariñas. Serán seis novos quilómetros de vía de altas prestacións nunha zona cunha orografía complicada que servirán para mellorar a mobilidade na zona.

As obras, que teñen un presuposto de case 29 millóns de euros, saen agora a información pública para que os interesados poidan presentar alegacións ata o próximo 7 de abril. A previsión do Goberno galego é poder licitar os traballos este mesmo ano para poñer en servizo o novo treito en 2022.

Noticias web

21/02/2020