CRTVG

Buscar

Unha verza de máis de catro metros segue medrando nunha horta de Antas de Ulla

Publicado o 30/07/2019 12:01

Unha marabilla. Así fala Antonio desta verza xigante que lles foi medrar nun recanto pisado de cemento que teñen na cortiña da casa de onde é natural a súa muller. Conta que é unha terra moi boa xa que antes sempre estaba moi estercada porque había horta nela.

O estado da planta é moi bo, co cal, posiblemente, seguirá medrando aínda máis dos catro metros pasados que mide agora.

Esta familia de Antas está moi contenta, ademais, porque outras dúas verzas pequeniñas están medrando a carón da verza xigante, co cal a remuda queda garantida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/07/2019