CRTVG

Buscar

Unha vendedora da ONCE vende en Carballo dez cupóns premiados con 35.000 euros cada un

Publicado o 12/12/2019 14:07

O sorteo da ONCE deixou en Carballo un agasallo de Nadal por adiantado. Un premio de 350.000 euros que repartiu a vendedora do centro de saúde desta localidade. Foron dez cupóns premiados con 35.000 euros cada un.

Rosa Rey recibía os seus clientes do centro de saúde de Carballo coa satisfacción de ter repartido un premio de 350.000 euros no último sorteo da ONCE.

O premios está moi repartido entre usuarios e traballadores do centro de saúde. Vendéronse dez cupóns premiados con 35.000 euros cada un.

Agora que ten a sorte de cara, di que só agarda volver repartir un novo premio, se é posible este mesmo Nadal.

Non é a primeira vez que Rosa reparte a sorte entre os seus veciños. Aínda que desta volta o premio foi máis importante e ven pechar un ano moi especial para ela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019