CRTVG

Buscar

Unha veciña do Carballiño denuncia o roubo de 8.300 euros case un ano despois

Publicado o 07/10/2019 14:41

Unha veciña do Carballiño denunciou o roubo de 8.300 euros na súa vivenda. O curioso do caso é que coida que o roubo se puido producir a finais do ano pasado.

A muller gardaba os cartos nunha caixa que non revisaba dende o mes de novembro do 2018, pensando que estaba nun lugar seguro. Di que non se explica como puideron entrar na casa e levar o diñeiro.

A Garda Civil do Carballiño está a recoller información entre as testemuñas, ao tempo que investiga os gastos da denunciante nos últimos meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019

Máis sobre o carballiño

Arenteiro 0-0 Bergantiños
27/01/2020 11:33
Arenteiro 0-0 Bergantiños
27/01/2020 10:17