CRTVG

Buscar

Unha veciña do Burgo asegura que o xabaril que anda pola zona atacou o seu can

Publicado o 29/05/2019 16:46

O xabaril do Burgo segue a dar que falar. Atacou un can nunha pata e un veciño case corre igual sorte. Conta que estaba paseando a súa mascota de noite e o xabaril se lles achegou a un metro de distancia, aínda que despois fuxiu. Os veciños piden que se tomen medidas antes de que aconteza unha desgraza.

Antonio non daba creto. Estaba coa súa cadela por esta zona do paseo do Burgo, en Culleredo, cando, de súpeto, se lles achegou, a un metro de distancia, un animal como se quixese xogar.

Antonio Iglesias tivo o xabaril a un metro de distancia: "A miña cadela púxose moi nerviosa e xa me din conta de que non era un can". Nervioso, chamou o 112.

"Xa mandaron rapidamente unha patrulla e eu xa lle dixen á cadela que rematara o paseo, que marchabamos para a casa".

Cren que se trata deste mesmo exemplar. E que tamén atacou nunha pata o can doutra veciña. Malia isto, son moitos os que confían en que non se bote a eles.

"Non fan mal a niguén. Si que estragan os terreos, pero... eu non lles teño medo". Aínda así, piden que se tomen medidas.

"Por exemplo, poñerlles trampas para cazalos".

Porque din que son animais salvaxes e non domésticos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019