CRTVG

Buscar

Un home agride a súa ex-parella en Vigo en plena rúa

Publicado o 06/05/2020 14:08

Hoxe temos que lamentar un novo episodio de violencia machista. Unha veciña de Vigo tivo que ser trasladada a un centro médico despois de ser brutalmente agredida en plena rúa pola súa ex-parella.
Ocorreu en Torrecedeira, e foron os veciños os que alertaron as forzas de seguridade.

Segundo testemuñas presenciais, o home, sobre o que pesaba ademais unha orde de afastamento, abalanzouse sobre a muller e tirouna no chan. Despois agarrouna polo pescozo e golpeouna por todo o corpo.

Ata o lugar trasladouse a Policía Local, que detivo o agresor polos delitos de violencia machista e incumprimento de condena.

Noticias web

06/05/2020