CRTVG

Buscar

Unha veciña de Sigüeiro queda sen case 8.000 euros da conta por unha ciberestafa

Publicado o 26/10/2021 15:08

Nunca pensou que ela chegase a ser algún día vítima das estafas cibernéticas. Patricia Méndez, desempregada e veciña da localidade de Sigüeiro, sempre andivo con moito coidado para non caer nestes enganos. Pero este pasado agosto contestou unha chamada ao seu móbil. O número de teléfono era o utilizado pola banca electrónica de Abanca e a persoa ao outro lado da liña advertíalle que estaban intentando realizar unha transferencia.

Pero remata facilitándolle o código que recibira por mensaxe para supostamente anular a transferencia e case 8.000 euros rematan en Lituania. A persoa ao outro lado do teléfono posuía todos os seus datos: nome e apelidos, o DNI e mesmo o número de contas que tiña e a cantidade de diñeiro en cada unha delas. Por iso Patricia confiou. 

Neste caso a vítima ao día seguinte presenta unha reclamación na entidade bancaria e unha denuncia na Garda Civil, na que a unidade especializada neste tipo de delitos está a levar o seu caso. Patricia forma parte da plataforma de afectados por phishing en Galicia, que conta xa con máis de 100 vítimas, e reclaman aos bancos maior protección e reforzar a seguridade dos seus procedementos da banca electrónica.

Noticias web

26/10/2021