CRTVG

Buscar

Unha veciña de Sarria, condenada a 21 anos de prisión por mallar na filla de xeito reiterado

Publicado o 21/01/2021 16:39
Unha veciña de Sarria, condenada a 21 anos de prisión por mallar na filla de xeito reiterado

Condenan unha veciña de Sarria a 21 meses de prisión por agredir a súa filla menor de xeito reiterado con cintos e mesmo con paus para mantela atemorizada.

A muller aceptou esta pena logo de recoñecer os feitos. As agresións repetíronse durante uns tres anos, e comezaron cando a cativa tiña apenas dez.

Todo rematou cando a menor tivo que recibir asistencia médica logo dunha malleira e pasou a estar baixo a custodia do seu pai. A condenada non terá que ir ao cárcere, pero si realizar 80 días de traballos sociais e indemnizar a filla con mil euros.