CRTVG

Buscar

Unha veciña de Santiago cae no treito do Camiño francés que está sen varanda

Publicado o 16/07/2019 15:29

Viñan do Monte do Gozo, de asistir ao concerto de Alejandro Sanz, e ao cruzar a ponte, na rúa Ponte de San Lázaro, esvararon e caeron por un oco onde non había varanda. Unha silveira freou o seu descenso ao baleiro e evitou unha desgraza que puido ser moito maior.

María Teresa Iglesias: "Iamos baixando todos contentos, iamos catro, ían dous amigos diante e eu ía cunha amiga do brazo. De pronto desapareceu, tirou de min e xa empezamos a rolar".

A rápida intervención dos membros de Protección Civil, desprazados preto do lugar por mor do concerto, evitou que esta veciña de Santiago e a súa compañeira rematasen na vía do tren. Co susto no corpo, esta veciña denuncia a falta dunha varanda, de sinalización e de iluminación nun lugar onde non é a primeira vez que ocorre un accidente semellante.

Ademais de ser unha das saídas habituais aos concertos celebrados no Monte do Gozo, a zona é lugar de paso habitual para peregrinos, que ven a situación con certo perigo.

Perigo do que tamén alerta María Teresa. Con todo, só unhas cintas sinalizan o lugar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019