CRTVG

Buscar

Unha veciña de Rianxo denuncia que sofre a presenza de ratas do tamaño de gatos

Publicado o 30/09/2019 14:22

Ana, unha veciña da rúa Fincheira, en Rianxo, comenta o calvario que leva vivindo, segundo ela, hai xa preto de dous anos, cando a presenza de ratas nun patio da súa vivenda se tornou en habitual. Di que a orixe podería estar en varias casas abandonadas, e lamenta os danos que lle ocasionan. 

"Teño ratas tan grandes coma gatos. Temos no galiñeiro coellos e comen as crías, comen os pitos das galiñas, estamos quedando sen nada. Levamos collido unhas 20 ratas ou máis, de máis de 35 centímetros", asegura.

Asegura que ela xa sufriu algún susto cos roedores, e agora teme que se repita un episodio coma ese con algún dos seus netos. A pesar dos seus esforzos para matalas, os roedores resístense.

"Unha vez mordeume unha e tiveron que poñerme a inxección do tétano".

Dende que se decatou do problema, xa pediu axuda en varias ocasións, pero ninguén lle deu unha solución.

"Fun ao Concello, viñeron axentes da Policía Local e non nos deron ningunha solución, seguimos esperando".

Polo momento, para acabar coas ratas, conta coa axuda dos seus dous cans.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019