CRTVG

Buscar

Unha veciña de Padrón vive no coche e pide axuda tras un desfiuzamento

Publicado o 04/02/2021 13:15

Uunha veciña de Padrón vive no coche despois de ser dasafiuzada como consecuencia dun embargo por débedas. María do Carmen asegura que non recibiu unha notificación oficial. Agora pide axuda e busca un fogar onde vivir. Carme volve ver, de cando en vez, os cans que coidaba ata hai pouco.

Con 59 anos, asegura que vive o seu peor pesadelo. Cando casou compraron a leira onde construíron a casa familiar e cando se separaron, no 2006, quedou na casa. As condicións eran asumir a hipoteca e pagar 70.000 euros á súa exparella. Ao non poder facer fronte aos pagamentos, en setembro embargáronlla e a casa e saíu a poxa. Comprouna o seu exmarido, co que mantén disputas xudiciais.

María do Carme Seoane di: "Estou vivindo no coche porque me botaron da miña casa. Tiña o meu fillo a notificación e eu non estaba na casa e cando quixen entrar o luns estaba todo pechado e cambiaron as pechaduras, puxeron unha alarma e fixeron aquí un balbordo. Chegou a Garda Civil e non somos delincuentes para facer cousa semellante".

Todo o que posúe teno neste maleteiro. Non sacou as súas pertenzas da casa, á que pensaba volver. Dorme no asento de atrás, cunha manta e o coche acendido. Di que ten un 37 % de discapacidade e que tenta saír adiante cunha pensión de 430 euros ao mes. Malia pedir axuda, conta que lle pecharon todas as portas.

María do Carme Seoane: "Fun aos servizos sociais, pero pasan do tema. Dixérnome que tiña que buscar eu. Estiven buscando, pero non atopo. Fun ao Concello e comprenden que non se pode durmir na rúa, pero non fixeron nada. Durmo no coche, no asento de atrás, e o resto do día ando por aí a pasear. Menos mal que o asento me vai ben para o lombo porque teño problemas e ás veces non podo nin andar".

Carme chamou ao Colexio de Avogados de Santiago e segue á espera de que se designe un avogado de oficio que poida axudala neste momento.

Noticias web

04/02/2021

Máis sobre Padrón