CRTVG

Buscar

Unha veciña de Nigrán denuncia que a familia que acolleu a desvalixou

Publicado o 02/08/2021 14:08

Julia ten problemas de mobilidade. Non pode asumir as tarefas da casa e non quere estar soa, por iso, hai meses decidiu acoller unha familia na súa vivenda a cambio de que a coidasen.

Ao principio todo foi ben e Julia cambiou o testamento en favor desta familia. Porén, asegura que dende entón todo cambiou e os seus agarimos e coidados convertéronse en ameazas e insultos.

Julia pediulle que abandonasen a casa. Fixérono, pero, segundo esta veciña de Nigrán, antes desvalixárona. É o pesadelo que relata Julia polo que presentou varias denuncias na Garda Civil.

 

 

Noticias web

02/08/2021