CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Unha veciña de Cuntis fai 104 anos

Publicado o 11/05/2018 14:34

E a uns corenta quilómetros de distancia, en Cuntis, temos outro aniversario de centenaria.
É Dolores García Aboy, que acaba de facer 104. Estivemos con ela en vésperas da festa que lle prepara a familia para celebralo.

É Dolores, unha veciña de Cuntis que aos 104 anos o seu único achaque de saúde é un catarro sen grande importacia que colleu nos días previos ao seu aniversario.

"Falamos despois", di a centenaria.

Lola non é de moito conto, pero entre as súas respostas curtas e a axuda dos fillos Lola e Enrique sabemos algo desta vida centenaria. Por exemplo, que come de todo e que un vasiño de viño e un café non faltan no xantar.

Enrique, o fillo co que convive, conta que a súa nai lle gusta tomar tras o xantar un café cunha gota de augardente.

Casou con 19 anos. No seu tempo, chea de traballo para sacar adiante seis fillos e unha filla, cando se trataba de festa, gozaba co pasadobre.

Vive con Enrique, de 64 anos, o seu fillo máis novo. No seu haber familiar, Dolores conta 14 netos, 9 bisnetos e 5 tataranetos. E todos, chamados para a festa de aniversario, o número 104.
A centenearia despídese cun "ata o ano que vén".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí