CRTVG

Buscar

Unha veciña de Coruxo denuncia os malos cheiros que saen da propiedade a carón da súa

Publicado o 29/03/2019 14:11

Cando Sofía adquiriu esta vivenda no camiño de Moláns, en Coruxo, nunca imaxinou vivir nun pesadelo. Apenas pode abrir as fiestras e ten a casa chea de mosquiteiras. Cando abre a xanela atópase de fronte con estes dous cochos.

Non entende como o seu veciño pode vivir neste alboio que el mesmo construíu, sen luz e sen auga e rodeado de animais. Ás veces, mesmo se deita sobre a terra, e na leira amorea tamén restos de carne que colle dos colectores, segundo di a súa veciña Sofía, que acaban podrecendo e xerando un horrible fedor.

Sofía xa non sabe como atallar esta situación. Denunciouno no SEPRONA, en Urbanismo, en Medio Ambiente, na Policía Local e Nacional, nos Servizos Sociais, e non desbota rematar nos xulgados.

Tamén se puxo en coñecemento dos servizos sociais do seu concello de orixe, pero o problema vai a máis, xa que cada día trae novos refugallos ao seu terreo.

Noticias web

29/03/2019