CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Unha veciña de Cartelle fai 107 anos

Publicado o 16/02/2013 15:00
Goza dunha excelente saúde e dun humor envexable
Josefa, unha veciña do concello ourensán de Cartelle fai hoxe 107 anos. É unha das avoas de Galicia, e na residencia en que vive coidadores, compañeiros e familiares xuntáronse para celebrar por todo o alto o seu aniversario. Josefa correspondeulles co bo humor que a caracteriza e co que máis lle gusta facer... entoar cantigas. Así é Josefa Álvarez aos seus 107 anos, unha muller alegre, chea de enerxía e que goza cantando cantigas doutros tempos que conserva intactas na súa memoria. E o da súa idade é para ela toda unha sorpresa. O seu bo humor venlle de lonxe, pero hoxe está especialmente contenta ...ambiente yuhuh ... na residencia de anciáns de Cartelle en que vive desde hai 15 anos coidadores e compañeiros fixéronlle unha gran festa. E tamén os seus sobriños viñeron para celebrar o seu aniversario. Goza dunha excelente saúde e dun humor envexable. Esta muller natural de Ramirás, é a segunda máis lonxeva de Galicia. Parabéns Josefa e que cumpra moitos máis!.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí