CRTVG

Buscar

Unha veciña de Cambados denunciu un home por ataque transfóbico

Publicado o 08/04/2021 14:43

O incidente tivo lugar neste bar o martes pasado. Segundo conta a vítima, Sara, foi increpada por un individuo que se dixira a ela como se fose un home despois de indicarlle repetidamente que é unha muller. Sara Aguado, a vítima, engade que "deseguido, ergueuse coa máscara baixada e todo. Dirixiuse a min, agresivamente, e encarouse conmigo queréndome agredir".

Explica Sara que a presenza da dona do bar evitou males maiores, pero aínda así, despois de acudir a policía local, o agresor seguiu na súa. Sara manifesta que "xa cando se foran, empezou a dicirme que me ía matar, facíame xestos de que me ía cortar o pescozo e empecei a gravar co móbil e el dicindo que me ía joder, que me ía joder".

A muller do dono do bar rexeita a actitude do home e sinala as condicións en que estaba. Ainhoa Martínez, esposa do dono do bar conta que "viña un pouco prexudicado e creo que foi por iso polo que empezou a discusión. Non estou xustificando a ningún, pero ía nunha condición en que non ía entrar en razóns".

Sara di que, á marxe do estado en que se encontrara o seu agresor, isto é mostra de que hai individuos intolerantes coas persoas transexuais.

Noticias web

08/04/2021