Unha veciña de Arteixo ten cabazas que pesan máis de 70 quilos
Publicado o 17/09/2021 14:36
As cabazas dunha veciña de Arteixo chaman a atención de calquera. E non é para menos. Rozan os 110 centímetros e pesan arredor de 70 quilos.
Esther sementounas na súa horta da parroquia arteixá de Monteagudo en maio e pouco máis de tres meses creceron moito. Pola súa forma, alongada e cilíndrica, mesmo semella á dunha cabaciña xigante.
Agora, os máis de 200 quilos das tres cabazas xigantes servirán de alimento para un dos animais que Esther cría na casa.
É a primeira vez que Esther ten nas súas mans unha hortaliza de tales dimensións e pode que non sexa a última, porque ten pensado empregar as sementes destas cabazas para a próxima produción.