CRTVG

Buscar

Unha veciña da localidade leonesa de Bembibre pasa o seu segundo illamento por covid

Publicado o 03/12/2020 15:03

Coñece cada recuncho do cuarto. Dúas veces illada. Desta vez van 36 días. Sagrario Casado explica: "Cuarto, baño; baño, cuarto. Esa é a miña vida".

Ansía respirar ao aire libre, pero sobre todo abrazar o seu marido e os seus tres fillos. O máis pequeno, de seis anos. "Cando me ve, pregunta 'que tal estas, aínda tes coronavirus?'".

O seu organismo non xerou anticorpos tras pasar a covid en marzo. Cando xurdiu un gromo na residencia de maiores que traballa púxose no peor.

"Destes presentimentos que dis vólvoo coller, porque no verán a seroloxía xa me dera que non tiña anticorpos. Das primeiras traballadoras en dar positivo. Pregúntaste: como é posible que volva pasar".

Dúas veces coa covid, pero ningún contaxio na súa familia.

"Eu tiven moitisimo coidado na miña casa por min, polos meus, polo meu traballo. Protexéndome e todo, volvín contaxiarme. Imaxina a xente que non se protexe nada".

Mentres se conforma por segunda vez con ver o exterior dende a ventá, agarda unha chamada do médico que por fin lle dea boas noticias.

Noticias web

03/12/2020