CRTVG

Buscar

A principios do ano que vén empezarán os ensaios en humanos dunha vacina galega

Publicado o 14/09/2020 15:05

Na Universidade de Santiago estanse a desenvolver dous proxectos de vacina contra a covid-19. Centrámonos hoxe nun deles. É o que dirixe o profesor José Manuel Martínez Costas, que agarda poder comezar os ensaios en humanos a primeiros do ano que vén.

A súa estratexia para a vacina é totalmente diferente ás demais e aproveita unha metodoloxía desenvolvida por este equipo de investigadores e patentada pola Universidade de Santiago.

Estas microesferas teñen capacidade para estimular o sistema inmune, o que axudaría no caso de pacientes maiores, cunha inmunidade debilitada. A produción de microesferas é ademais moi económica. Esperan ter resultados das probas preclínicas en ratos a finais deste ano.

A traxectoria profesional de José Manuel Martínez levouno a traballar en Oxford con virus despois de doutorarse. Considera que os atrancos no desenvolvemento da vacina nesa universidade entran dentro do normal en calquera proceso de investigación.

Noticias web

14/09/2020