CRTVG

Buscar

Unha vaca puxo en risco o tráfico preto da Lanzada

Publicado o 14/01/2021 14:35

Daniel é de Noalla, en Sanxenxo, e nin imaxinaba que este martes ás nove da noite unha vaca o ía facer suar e correr tanto ao lado da súa aldea. Todo como consecuencia de que alguén levou o pastor eléctrico desta parcela en que pastaba Morena, unha vaca que acabou saíndo á estrada que transcorre por onde a praia da Lanzada.

Daniel Arosa, artífice da captura do animal: "Desde o campo de fútbol xa saín correndo detrás da vaca para agarrala e sacala da vía para tratar de evitar un accidente ou dano grave. A persecución prolongouse, porque é unha vaca bastante brava. Ben, estaba asustada".

"Na rotonda do Vao, xa case chegando ao Grove, parei o tráfico. Parei un camión grande para que obstruíra o tránsito de vehículos e previr unha colisión coa vaca. Metémola no aparcadoiro grande da Lanzada. Chegaron os efectivos de urxencias do Grove".

A cor negra da vaca acrececentaba o risco dentro da escuridadede da zona e, tras percorrer uns tres quiolómetros, calcula Daniel, botáronlle un lazo de corda aos cornos, chamaron os donos e levárona. Iso despois dunha hora de carreira tensa.

Daniel engade: "Grazas tamén ao persoal de urxencias do Grove, que traía unha lanterna que permitiu ver algo, porque non se vía nada. A vaca ás veces víñase cara a un, porque estaba asustada. Intentei alcanzala na carreira e boteille un lazo pola cabeza, coa sorte que enganchopu polos cornos, retívena e logo tróuxena ao aparcadeiro para afastala da estrada. E así foi a anécdota simpática con final feliz, que puido ser unha traxedia".

Esta mañá Morena non estaba no seu lugar de pasto e os donos rexeitaron mostrala.

Noticias web

14/01/2021