CRTVG

Buscar

Unha vaca leiteira pare tres crías nunha explotación de San Sadurniño

Publicado o 29/09/2020 20:20

Esta é Susi, e estes os seus trixemelgos, que naceron hai dous días nun parto doado e sen complicacións.

Ninguén da explotación sospeitaba de que Susi, esta vaca leiteira, ía parir máis dun xato.

Eliseo Cebreiro Paz, propietario da explotación gandeira, di que "non sospeitabamos nin de que trouxese dúas".

Polo momento, as becerras, espelidas e contentas, permanecen nesta corte separadas da súa nai.

"É que ao ser unha vaca leiteira, ela xa segue a súa rutina", explica Eliseo.

Nesta explotación de Bardaos, en San Sadurniño, que conta con case 400 vacas, xa tiveron algún parto múltiple. Pero con dúas crías. Con tres é a primeira vez e, se cadra, non a última.

Noticias web

29/09/2020