Unha usuaria deixa 31.000 euros de herdanza ao xeriátrico de Sarria
Publicado o 17/09/2021 14:50
Sinal de agradecemento e mostra de xenerosidade definen o xesto de Concepción Díaz, unha antiga usuaria desta residencia de maiores de Sarria. Tras 10 anos aquí, na súa herdanza especificou o seu desexo de axudar este centro onde a lembran con cariño.
Deixoulles en herdanza algo máis de 31.000 euros que agradecen moito e que agora investirán en obras de mellora das instalacións.
Este agasallo póstumo pillounos por sorpresa.
Agora ultiman os longos trámites que precisa o centro para poder dispoñer da herdanza.