CRTVG

Buscar

Unha tromba de auga en Biscaia asolaga casas e estradas e deixa coches atrapados

Publicado o 12/01/2018 15:14

Unha tromba de auga asolagou onte á noite en Biscaia casas, estradas e coches. Os bombeiros rescataron condutores atrapados e tiveron que evacuar veciños dalgunhas vivendas. Non houbo vítimas, pero si cortes de tráfico, desprendementos e danos materiais.

Os bombeiros de Biscaia tiveron que actuar esta noite na estrada entre Guernika e Muxika, onde as bolsas de auga inmobilizaron varios coches. A chuvia intensa, de case 25 litros por metro cadrado nunha hora, colleu por sorpresa veciños destas localidades, que mesmo tiveron que abandonar as súas casas.

Non había aviso meteorolóxico previo, pero a situación obrigou a activar a alerta en toda a provincia. Quedou desactivada esta mañá. Os veciños volveron ás súas casas e establementos a limpar a enxurrada, avaliar danos e intentar recuperar a normalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018