Unha tromba de auga de 14 litros por metro cadrado causa estragos en varios concellos coruñeses
286 raios caeron nas últimas horas en Galicia, nunha xornada de fortes treboadas, acompañadas por sarabiada que mesmo complicou o tráfico pola autoestrada AP-9.
Unha tromba de auga que descargou 13 litros por metro cadrado causou incidencias en Sada e Oleiros. Atascou sumidoiros, arrastrou terra de varias obras e rebordou redes de fecais. Con todo, as principais incidencias rexistráronse no Polígono Industrial de Bergondo, onde a riada mesmo arrastrou un vehículo.
Este ximnasio bota contas dos danos causados pola auga, un problema xa habitual na zona.
Tamén este restaurante de Cambre tenta recuperar a normalidade logo de que unha riada arrasase a terraza, onde numerosos clientes aproveitaban o festivo. A fachada atlántica foi a mía afectada, pero no interior tamén viviu episodios de treboadas e pedrazo. Hoxe poden repetirse as treboadas, principalmente en Ourense e na montaña de Lugo.