CRTVG

Buscar

Unha tripla de Alba Prieto no último segundo dálle ao Ensino un triunfo vital

Publicado o 20/02/2021 21:15

Na liga feminina de baloncesto, o Durán Maquinaria Ensino logrou unha vitoria que pode ser fundamental con vistas á súa clasificación para os playoffs. Derrotou nun final agónico o Cadí La Seu. Alba Prieto era a xogadora máis felicitada á conclusión deste partido en Lugo.

Con só seis segundos por disputarse e con empate no marcador, o balón chegoulle a Alba Prieto, que anotou unha tripla decisiva. O balón golpea contra o taboleiro e introdúcese no aro catalán. O Cadí tivo unha última opción, case sen tempo, pero o seu lanzamento forzado non entrou. O Ensino derrotou un rival directo, ao que ademais lle gaña a diferenza de puntos particular.

Noticias web

20/02/2021