CRTVG

Buscar

Ata 27 incendiarios sospeitosos, baixo estrita vixilancia policial en Galicia

Publicado o 25/08/2019 12:53

• A policía autonómica mantén baixo seguimento un cento de persoas

• En 2019 foron detidas 60 persoas por prenderlle lume ao monte 

 

A policía autonómica mantén baixo seguimento un cento de incendiarios sospeitosos ou reincidentes, pero realiza un control máis exhaustivo sobre 27 persoas. As tarefas de vixilancia estréitanse nunha ducia de parroquias de alta actividade incendiaria e as investigacións dos axentes permitiron esclarecer 121 lumes no que vai de ano. En 2019 foron detidas 60 persoas por prenderlle lume ao monte. 

"Mentres haxa unha soa persoa que intencionadamente cause danos aos nosos montes, as persoas ou os seus bens, nós non estaremos satisfeitos. Pero vemos tamén que ese traballo de coordinación entre os diferentes corpos e forzas de seguridade do Estado, entre os nosos axentes forestais e o exército está producindo este resultado de incrementar o número de detidos e investigados", asegura o conselleiro do Medio Rural, José González.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019