CRTVG

Buscar

Unha toxina obriga a pechar temporalmente o marisqueo nas ría de Muros e Noia

Publicado o 26/10/2020 13:57

Novo revés para os 1.500 mariscadores da ría de Muros e Noia. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia decretou o peche cautelar de toda a actividade marisqueira tras detectar un incremento dos niveis de toxina amnésica na auga, a coñecida como marea vermella.

Adelo Freire, secretario da confraría de pescadores de Noia, di que se trata dun peche cautelar polo que un resultado negativo nos próximos días permitiría retomar a actividade, algo que non acontecería se fose un peche total.

Este é a segunda parada temporal na ría provocada por esta toxina no último mes. Unha circunstancia que está a afectar negativamente a unha campaña que xa de por si non era boa.

Os produtores aseguran que se o peche se extende no tempo as consecuencias económicas serán importantes.

Os mariscadores esperan poder volver canto antes á actividade, pero polo momento non hai data para a reapertura.

Noticias web

26/10/2020