CRTVG

Buscar

Unha testemuña sinala dous novos sospeitosos vencellados coa morte da viúva do ex-presidente da CAM

Publicado o 18/10/2019 15:36

Unha testemuña sinalou hoxe dous sospeitosos do asasinato de María del Carmen Martínez, a viúva do ex-presidente de Caixa Mediterráneo Vicente Sala. Traballadores do grupo de empresas da familia prestaron tamén declaración hoxe na quinta xornada do xuízo con xurado.

O propietario dun despezamento situado preto do concesionario onde a muller foi tiroteada dixo que o día da morte vira dous descoñecidos pola zona, pola maña no seu negocio e máis tarde no concesionario. O home é clave para a defensa do único acusado, Miguel López, xenro da vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019