Unha tenda de Sarria multiplica en plena pandemia as súas vendas grazas á páxina web
Esta pequena tenda de apenas 100 metros cadrados converteuse en todo un referente. Conseguiuno grazas á súa páxina web, que en plena pandemia e con todo pechado se viu desbordada. Están especializados en equipamento para peregrinos, pero á falta deles acudiron mercar os seus produtos os que coa pandemia comezaron a pasear e facer rutas.
"Nos defendemos a tenda grazas á web e non tivemos que recorrer ao ERTE. Foi espectacular o da web, houbo días de sacar 130 paquetes e neste ano a web vendeu cinco veces máis que a tenda", relata José María Díaz, que é o xerente da tenda.
Agora a súa páxina web acumula o 85 % das súas vendas. Os seus principais mercados son España e Portugal, pero de aquí non paran de saír paquetes para diferentes destinos e con variado contido.
"O volume noso é España e Portugal, pero temos vendido a máis de 60 países. Mesmo hai vendas curiosas como enviar unha vieira a Nova York ou botas a Vladivostov. Por exemplo, nos Estados Unidos a case todos os estados enviamos cousas", relata José María Díaz, que é o xerente da tenda.
Agora sinala que cun bo posicionamento web e con bos servizos e moito esforzo este comercio tradicional comeza a competir con grandes cadeas e plataformas comerciais.