CRTVG

Buscar

Unha tenda de informática coruñesa doa 75 ordenadores para rapaces de familias necesitadas

Publicado o 02/04/2020 20:29


Nas últimas horas, Raquel Blanco non para de recibir chamadas e correos electrónicos de persoas interesadas na súa iniciativa solidaria pola crise do coronavirus. É que a tenda de informática que rexenta na Coruña decidiu doar 75 ordenadores portátiles para rapaces de familias sen recursos

 "En vista do que estamos a vivir, o momento tan crítico que estamos padecendo deidimos que tiñamos que achegar algo pola nosa parte, sobre todo ao grupo máis vulnerable como son familias que non teñen ingresos, que teñen nenos menores ao seu cargo e non teñen ordenador e o necesitan para estudar", afirrma Raquel Blanco

Estes ordenadores irán para as familias que máis o necesiten por carecer de recursos, pero esta tenda de informática non descarta estender a súa solidariedade a outras familias tamén vulnerables, mediante descontos e promocións

"Si, sobrepasouse moitísimo, sobrepasáronse moitísimo os correos, pero igualmente vanse doar os 75 ordenadores e igualmente vaise favorecer o resto de xente necesitada", di Raquel Blanco

Esta iniciativa conta tamén co apoio dunha empresa de transportes que levará aos domicilios os ordenadores desinteresadamente

Noticias web

02/04/2020