CRTVG

Buscar

Unha tenda de Celanova arranxa bicicletas usadas para doalas a familias necesitadas

Publicado o 16/04/2018 21:37

Un matrimonio de Celanova reccolle e arranxa bicicletas usadas e para doalas aos cativos de familias desfavorecidas. Comezaron hai dous anos cunha campaña entre os seus veciños para as épocas das comuñóns e dende aquela xa non pararon. Din que se trata dun acto solidario en que a maior satisfacción é saber que acaban nas mans de quen realmente as precisa.

Dese momento vai facer dous anos e dende aquela non houbo neno ou nena da zona que quedara sen bici por mor dos cartos. Din que moitas non precisan demasiados arranxos e que o certo é que tras un lavado de cara e algúns retoques das mans expertas de Xosé quedan listas para unha nova vida. A solidariedade da xente din, é continua. Un club de Ourense chegoulles a ceder ata sesenta bicicletas. 

Cáritas ou a Cruz Vermella encárganse de facerlles chegar as súas peticións, así que as van arranxando segundo a demanda. Lembran que calquera que precise unha bici para os cativos e non teña recursos de abondo para mercar unha nova pode achegarse ata aquí en calquera época do ano. Agora xa teñen en mente mesmo ceder algunhas das súas bicis para facelas chegar ata nenos de Suráfrica.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018