CRTVG

Buscar

Unha taxista da Coruña logra zafarse dun intento de atraco

Publicado o 12/03/2019 14:21

Na Coruña, unha taxista saíu ilesa tras ser agredida no interior do seu coche, en marcha, por unha parella de mozos duns vinte anos. Xa recuperada do susto, conta que un pouco antes de chegar ao destino, a moza acendeu un chisqueiro e comezou a queimarlle o pelo á vez que el lle botaba as mans ao pescozo tratando de asfixiala. Finalmente, logrou defenderse, di, grazas aos coñecementos básicos que ten de defensa persoal.

"Salvei a vida por pouco". É o que nos di Any antes de comezar a dar detalles de como foi a agresión que sufriu cando se dispuña a trasladar unha parella duns vinte anos desde a céntrica parada do Obelisco, na Coruña, ata as proximidades do parque de Vioño.

Any Voinea, taxista agredida: "Ao chegar ao Elefante Azul, ela acende un chisqueiro e quéimame o pelo e el bótame os brazos...".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019