Unha tartaruga sobrevive dez días entre os restos dun incendio
Publicado o 22/11/2019 21:27
A protagonista da seguinte noticia é un animaliño moi afortunado. Sobreviviu ao incendio da vivenda dos seus propietarios no barrio ourensán da Lonia. Dez días despois os bombeiros atoparon o reptil con vida cando recuperaban os restos doutros animais que morreron abrasados. Ao parecer a tartaruga ten danos pero xa está recibindo os coidados necesarios para recuperarse.