CRTVG

Buscar

Unha tapería de Nigrán invita a comer no Nadal familias con dificultades económicas

Publicado o 18/12/2019 15:24

Nesta tapería de Nigrán xa está case todo listo para o 25 de decembro. A árbore, os regalos e mesmo o menú que lles prepararán aos 36 comensais anotados a este xantar.

Á solidariedade de José súmase a doutros moitos establecementos que doan a comida, as sobremesas e mesmo os regalos que recibirán os máis pequenos. El e a súa muller levan oito anos cociñando e compartindo mesa con moitas familias que non coñecen de nada. E faino con total discreción asegurándonos que cando se pecha o portal da súa tapería aquí todos se converten nunha gran familia.

E así será a invitación deste ano, xentileza deste matrimonio que non escatima en detalles. En total serán unhas 36 persoas, designadas polos servizos sociais do Concello, pero poden ser máis.

E por iso pide voluntarios para botar unha man nese xantar do 25 e poder darlles así o día libre ás súas traballadoras para que tamén elas poidan celebralo en familia. En definitiva, festexar unha data especial que nesta tapería xa brilla como merece.

Noticias web

18/12/2019