CRTVG

Buscar

Unha tapa do reactor de Tarragona voou tres quilómetros e matou un home

Publicado o 15/01/2020 13:05
Unha tapa do reactor de Tarragona voou tres quilómetros e matou un home

Unha chapa de ferro dunha tonelada, posiblemente a tapa do reactor que explotou onte á noite nunha industria química de Tarragona, voou uns tres quilómetros, entrou pola ventá dun edificio, ocasionou a caída do chan dun piso e a do teito do de abaixo e matou o home que vivía alí.

O alcalde de Tarragona, Pau Ricomà, explicou este "case inverosímil" suceso como "hipótese máis probable" que manexan os técnicos para coñecer a causa da morte de Sergio Millán, de 59 anos, que faleceu na súa casa do barrio tarraconense de Torreforta como consecuencia da explosión na industria IQOXE, situada no municipio da Canonja.

No suceso de onte morreron dúas persoas e quedaron feridas outras oito, traballadores da empresa, salvo o veciño de Torreforta.