CRTVG

Buscar

Unha suposta observadora di no xuízo do 'procés' que cobrou de Diplocat

Publicado o 27/03/2019 20:39

No xuízo do procés, por primeira vez un mosso d'Esquadra contou as agresións sufridas polos axentes da policía autonómica catalá durante un rexistro en Sabadell. Tamén declararon como testemuñas dous supostos observadores internacionais. Un deles, a británica Helena Catt, admitiu que o Diplocat, un organismo da Generalitat, lle pagou o informe realizado durante o referendo ilegal do 1 de outubro.

Helena Catt, ex-directora da comisión electoral de Nova Zelandia, contou que se reuniu en varias ocasións con conselleiro de Exteriores, Raül Romeva, antes do 1 de outubro, durante os preparativos do referendo, e que recibiu 8.000 euros como salario, pagados por Diplocat "por transferencia bancaria".

Pola súa parte, o ex-deputado alemán Von Grunberg dixo que el pagou os seus gastos de desprazamento e estadía en Barcelona e que non percibiu unha actitude violenta ou agresiva por parte dos votantes.

Tamén declararon dous mossos d'Esquadra que participaron nun rexistro en Sabadell.

"Houbo un momento en que a masa nos acometeu, veu cara a nós e tivemos que facer forza, e nese forcexo, entre as pisadas, a xente que estaba sentada, que nos pisaba os pés, estaba sentada por riba de nós, pois perdemos o equilibrio e uns cuantos mossos d'Esquadra caemos e mancámonos", asegurou un deles.

O rexistro finalizou con seis axentes dos Mossos d'Esquadra feridos leves.

Noticias web

27/03/2019