CRTVG

Buscar

Unha sesión accidentada e con algúns momentos de tensión

Publicado o 03/12/2019 19:02

Sucedeu tan pronto se abriron as portas do hemiciclo e as cámaras non chegaron a captar o momento. Pero as testemuñas din que houbo un duelo entre deputados de Ciudadanos e Vox por ocupar os mesmos escanos, que acabou en algo máis que palabras.

Así comezaba unha sesión un tanto accidentada, no sentido máis literal da palabra para Adriana Lastra, a voceira socialista, que torceu un pé e acabou cunha escordadura.

Lastra permaneceu no hemiciclo toda a sesión, pero tiveron que achegarlle a urna ao sitio para poder votar. O mesmo fixeron con Pablo Echenique e con Magdalena Olona, unha deputada de Vox embarazada.

Lesionado e todo, Agustín Zamarrón, o deputado de maior idade do Congreso, volveu deleitar a sesión coa súa palabra, que usou tamén para pedirlles perdón aos españois.

Zamarrón chamoulle a atención á deputada de Esquerra Republicana Marta Rosique, que saltando as normas do Congreso, leu o nome dos líderes independentistas en prisión.

Detalles dunha sesión solemne, que deixa tamén momentos distendidos coma este: Irene Montero contándolle a súa vida a un Zamarrón que cada vez lembra máis a Valle Inclán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019