CRTVG

Buscar

Unha serie sobre o Camiño de Santiago, líder de audiencia na televisión coreana

Publicado o 20/03/2019 22:51
Unha serie sobre o Camiño de Santiago, líder de audiencia na televisión coreana

O Camiño de Santiago é o eixe central sobre o que xira a serie Korean Hostel in Spain, que emite a cadea comercial TVN. Nela, un grupo de coreanos dedícanse a coñecer as marabillas paisaxísticas e culinarias do Camiño, xogando de paso a xestionar un albergue de peregrinos ou a aprender trucos de bricolaxe.

A serie está sendo todo un éxito de audiencia. A canle non permite vela en internet fóra de Corea do Sur, pero si que colgou un resumo en Youtube que nos dá unha idea de en que consiste o programa. Non perdan un dos participantes cantando en castelán 'La bamba', para a que se necesita un "poquito de raxa". Todo isto aderezado con centos de rótulos e coa simpatía dos seus protagonistas.

Noticias web

20/03/2019