CRTVG

Buscar

Unha sentenza exime un pai de pagar a pensión ao seu fillo por non teren relación

Publicado o 10/03/2021 14:15

É maior de idade, non estuda e tampouco traballa. E non quería saber nada de seu pai. Nada que non fosen os cartos que este lle pasaba cada mes. Agora un xuíz pechoulle a billa a un mozo de Redondela.

A sentenza é clara e di, textualmente, que libera o pai do pagamento para non favorecer e eternizar unha situación de ociosidade ou pasividade.

O fillo ten 20 anos e non traballa, deixou os estudos hai tempo e non chegou a completar a educación obrigatoria.

A clave está na renuncia das relacións familiares provocada polo fillo, que recoñeceu non querer manter contacto co seu pai.

O caso veuse nos xulgados de Redondela en primeira instancia, pero esta sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra xa é firme.

Noticias web

10/03/2021