CRTVG

Buscar

Unha sentenza avala que a policía multe dentro dun aparcadoiro privado se é de uso público

Publicado o 04/10/2021 15:18

Co Regulamento Xeral de Circulación na man, parece bastante claro que a Policía Local pode sancionar dentro dun aparcadoiro, por exemplo dun centro comercial, porque aínda que sexa un terreo privado o seu uso é público. Entre os usuarios hai dúbidas de se a policía pode ou non multar.

"En teoría non porque é unha propiedade privada, pero non sei seguro nada máis". "Eu diría que a Policía Local terá que estar onde se necesite". "Pois a a verdade é que non me parece moi ben porque é un espazo privado entón eles non poden acceder aquí eu creo". "Eu o outro día vin que polo visto unha señora chamou a policía porque estaban aparcados nunha praza de discapacitados, pero porque non tiña tarxeta e polo visto leváronlle o coche", opinan varios usuarios.

E foi sancionada con 200 euros, por iso a muller demandou o Concello alegando que estaba nunha propiedade privada. Pero o xuíz non lle deu a razón, porque segundo el, o regulamento déixao ben claro. A polémica está servida e provoca moita controversia sobre quen debe mediar en caso de conflito.

"Pero se é privado é privado, non tería por que entrar". "Aquí dentro será o propio centro comercial quen teña que solucionalo". "Ás veces si que fai falta que interveña a autoridade", comenta a xente.

Noticias web

04/10/2021