CRTVG

Buscar

Unha familia do Vicedo leva unha semana sen luz

Publicado o 04/01/2020 19:54

Estes veciños de San Román, no Vicedo hai sete días que non teñen subministro eléctrico. O motivo? segundo nos contan un erro da comercializadora debido a que unha veciña solicitou un cambio de compañia e os confundíron con ela.

Contan que levan unha semana chamndo á compañís eléctrica para que subsanen o erro pero seguen sen subministro.

Acompañamos a David encher as garrafas de gasolina para que funcione o xenerador. Utilizan a súa enerxía para as luces da cociña e prós conxeladores. A forza non dá nin sequera para o forno nin para o microondas.

Teñen dous fillos e a nena ten que facer as tareas dixitalmente, pero ata teñen medo de poñer a cargar o ordenador na casa por se se lles avaría o aparello por falta de forza.
Na gasolineira van case setenta euros de gasolina, máis o arrendo do enerador.

Postos en contacto coa compañia non quixo clarexar os feitos.

Noticias web

04/01/2020