CRTVG

Buscar

Unha semana de prórroga á hostalaría para dispoñer dos códigos de Pass Covid

Publicado o 06/03/2021 16:34

Sinxelo de usar e útil en caso de que no establecemento se produza algún contaxio, o código QR forma parte das novas medidas de seguridade que se esixen na hostalería.

Neste negocio de Rodeiro xa o teñen na porta para que antes de entrar os clientes o escaneen e coñezan as limitacións.
Todo pasa por descargar a aplicación Pass covid no teléfono móbil. O propio vicepresidente da Xunta demóstrao.

A Xunta acaba de conceder unha semana máis para que os hostaleiros podan solicitar estes códigos.

Os hostaleiros, pola súa parte, agardan que as novas medidas lles permitan manter a súa actividade.

Medidas sinxelas que repercuten en beneficio de todos.

Noticias web

06/03/2021