CRTVG

Buscar

Unha sarabiada provoca un accidente múltiple na AP-9 entre Caldas e Valga

Publicado o 16/03/2018 21:53

Pasadas as oito da tarde unha sarabiada provocou unha colisión múltiple na AP-9 entre Caldas e Valga. Uns 11 vehículos estiveron implicados pero non hai feridos graves. En concreto, os sinistros tiveron lugar nas inmediacións da saída de Carracedo, entre o quilómetro 102 e o 104, e afectan aos dous sentidos de circulación.

Noticias web

16/03/2018